1-1 Empate do CD Lugo ante o R. Valladolid

O encontro arrincaba moi parello, aínda que cun Real Valladolid moi activo en ataque, e con De Tomás como arma principal en punta de lanza. O CD lugo despregaba un traballo importante en canto á presión e ao peche de espazos, en busca do control dos tempos dun partido intenso desde os primeiros compases.

O conxunto lucense lograba un fantástico gol, tras un gran achegamento por banda dereita, construído por Caveira, Campillo e Iriome, este último colocaba un envío de quilates para o remate de Joselu que non perdoaba na súa chegada desde atrás. Pouco ía durar a alegría no Lugo, sería De Tomás quen empataba a continuación, rematando con acerto un balón cruzado desde esquerda para facer a igualada.

O encontro proseguía con igualdade e moi intenso, cara a un descanso que deixaba as espadas en todo o alto para ambos os conxuntos. Equilibrio, cun CD Lugo en busca do protagonismo do partido, e con mellores sensacións que o rival, para afrontar con garantías unha segunda parte con todo por gañar.

A segunda parte comezaba con protagonismo entre ambos os conxuntos con mellores sensacións para os de Luís César, que adiantaban posicións e ocupaban os espazos con eficacia en campo rival.

O CD Lugo mantíñase como protagonista da escena, fronte a un rival sólido e que buscaba o seu espazo a través das rupturas dos seus homes exteriores e das diagonais dun De Tomás altamente participativo. Luís César daba entrada a Sergio Gil e a Pablo Caballero, modificando o debuxo do seu equipo, e pasando a unha ofensiva total a dúas puntas.

O partido encamiñábase ao seu fin. Tras dúas ocasións do Lugo, en botas de Joselu, e na testa de Campillo, o tempo de xogo terminaba por extinguirse, repartindo un punto a cada adversario. O CD Lugo segue sumando, e xa se encamiña ao seu próximo compromiso na casa ante a UD Almería.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo