1.200 apoios á Medalla Castelao para Xesús Mato

O Concello de Paradela vén de superar de novo o número de adhesións á petición para que a Xunta de Galicia conceda a Medalla Castelao ao crego e musicólogo Xeús Mato Mato. Nos últimos sete días a cifra de adhesións recibidas foi de 500 acadando xa as 1.200 sinaturas.

Destas adhesións, 103 son de institucións, asociacións,empresas e outros colectivos. Entre as últimas recibidas están as do Bispo de Lugo, a Fundación Penzol, a Asociación Amigos do Camiño de Santiago en Lugo, a Federación de Corais de Galicia, a D. O Ribeira Sacra, a Xunta de Confradías da Semana Santa luguesa, a Irmandade Manuel María ou a Filarmónica de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com