104-107 Vitoria do Breogán tras dúas prórrogas

Partido de altísima tensión o vivido en Pumarín con presenza de algo máis de 150 afeccionados celestes que se fixeron oír no caldeado ambiente do polideportivo ovetense.

O CB Breogán dominou no marcador durante a maior parte dos minutos do partido pero o Unión Financiera demostrou por qué é un dos grandes equipos da tempada e mantivo a fe na remontada durante todo o  encontro, atopándoa nos minutos clave do último cuarto e mesmo na primeira prorroga, na que o Breogán acadou lixeiras vantaxes  sen éxito. Tivo que ser nun segundo tempo de prolongación no que os celestes ataron un triunfo que  lle permite  soñar  con todo.

Josep Franch estivo imparable con 29 puntos, ben acompañado por Stainbrook que freou a Sonseca e tivo tempo de anotar 19 puntos e capturar 14 rebotes.

O vindeiro sábado volve o basket a Lugo. Será ás 20:00horas ante o Prat do Sheriff Ortega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo