110 rapaces participan no II Campus de Verán Álex Llorca

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel Fernández, recibiron no Auditorio do Centro Cultural O Vello Cárcere de Lugo aos participantes da segunda edición do Campus de Verán Álex Llorca. Son preto de 110 rapaces de entre 8 e 17 anos, que dende o pasado luns están a gozar dun amplo programa de actividades no Pazo Provincial e as piscinas municipais de Frigsa, co apoio do Goberno da Deputación e do Concello de Lugo.

O Concelleiro e o Deputado das Áreas de Deportes recibiron aos participantes do Campus que, acompañados polo corpo técnico, percorreron as dependencias deste remodelado edificio municipal. Seguidamente, o Concelleiro e o Deputado, xunto co director técnico do campus, Mateo Rubio; o xogador, Álex Llorca; e o responsable do campus, Rubén Engroba, dirixiron unhas palabras aos participantes.

Rivera Capón subliñou que “renovamos a nosa aposta pola organización deste Campus debido ao éxito da primeira edición, e posto que consideramos fundamental promover este tipo de iniciativas, especialmente na época estival na que os rapaces dispoñen de máis tempo libre, coas que fomentar o deporte base e valores vinculados a este como o compañeirismo ou a superación persoal”.

Pola súa parte, Fernández Méndez felicitou aos organizadores do campus “pola aposta decidida polo deporte e a convivencia entre os rapaces e rapazas”. Do mesmo xeito agradeceu a Álex Llorca “a súa estreita vinculación con Lugo, que tras o seu paso polo Breogán, dúas tempadas atrás, segue mantendo os lazos coa nosa cidade, como o demostra a súa total implicación nesta actividade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com