125 establecementos de Lugo convertidos en espazos contra as agresións sexistas

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, deron o pistoletazo de saída á campaña de prevención e sensibilización contra as agrexións sexuais, que ten por lema Non é Non. Concello e Deputación iniciaron esta mañá dita campaña aproveitando os festexos do Arde Lvcvs, ante o informe Noctámbul@s 2016/2017, que arroxa que máis
da metade das mulleres en España viviu violencia sexual en espazos de ocio.

Con esta iniciativa, o Goberno Local e o Provincial tentan tecer unha rede de refuxio para as posibles persoas agredidas, cuxa colaboración, por parte dos e das participantes, consistirá na acollida das persoas que o demanden por sentirse vítimas dalgunha agresión e, se fose necesario, permitir facer as chamadas telefónicas a Emerxencias, Policía Local, Corpo Nacional de Policía ou 016; conseguindo así  sumar esforzos que tezan unha rede de mans violetas para evitar as agresións.

Deste xeito, 125 establecementos convértense dende hoxe en espazos seguros contra as agresións sexistas, onde unha persoa agredida encontre acougo e información do que facer en caso de necesitalo. A estes establecementos súmase a cidadanía e colectivos sociais, así como as distintas instalacións municipais e provinciais.

Tal e como explicou Ana González durante o acto de reparto de campaña trátase de facer un chamamento ao lecer dende a liberdade e o respecto, así como previr actos e actitudes sexistas, co fin de acadar que non se produzan agresións.

Pola súa banda, a Deputada de Benestar e Igualdade destacou que “unha vez máis, Deputación e Concello de Lugo, sumamos esforzos para loitar contra a violencia machista, en concreto, contra os abusos sexuais. Esta fin de semana todos os lucenses e os veciños da provincia, temos que ser un exemplo, saíndo ás rúas a gozar, pero sempre respectando, pois facer fronte as actitudes machistas é unha tarefa común de toda a cidadanía”.

“Aos dramáticos centos de asasinatos de mulleres por violencia machista que cada ano prodúcense no noso país, súmaselle a cada vez máis preocupante cifra de denuncias por agresións sexuais. Un grave problema social que quedou reflectido durante os últimos sanfermines, unha festa, en teoría divertida, que se saldou con 16 denuncias por abusos. Por todo isto, Deputación e Concello de Lugo unímonos contra esta lacra coa campaña Non é non. Unha iniciativa coa que tentamos concienciar á sociedade sobre un concepto moi sinxelo: cando unha muller di que ‘non’ é que ‘non’, sempre, en calquera situación. Porque ser amable non é unha invitación a nada“.

Os espazos seguros están identificados coa imaxe dunha man violeta e o lema Non é  Non, colocada nun lugar visible ao exterior. Ademais hai dípticos e vinilos informativos e chapas que manifestan o rexeitamento de todo tipo de agresións, así como os pasos que se recomendan en caso de sufrir algunha.

“Semella máis ben unha actuación publicitaria”

“Catro carteis, unha guía de recomendacións e un reparto de chapas semellan máis ben unha actuación publicitaria e non un compromiso decidido por rematar cos ataques sexuais durante as celebracións populares”, advertiu a voceira de Lugonovo sobre a nova campaña do Concello. Para Cristina Pérez, esta iniciativa é “parca” e debería contemplar outras actuacións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo