2-2 O Lugo empata co Valladolid e perde a oportunidade de liderar en solitario

Bo partido do Lugo que acariñou o liderado en solitario, pero dous penaltis en contra nos minutos 60 e 89 acabaron ditando o inevitable.

O CD Lugo saíu ao campo dominando o balón  e non deixaban despregar ao Real Valladolid o fútbol de superioridade que fai na casa. Só pasaban 10 minutos, cando Fydriszewsky conectaba un pase perfecto cara a detrás e Cristian Herrera colocaba o balón preto da escuadra, O Valladolid pisaba o acelerador, pero o Lugo estaba empeñado en levar a contraria. Tras o envite valisoletano, novo golpe sobre a mesa dos lucenses. Campabadal superaba a Anxo por velocidade e o lateral esquerdo do Valladolid derrubáballe. Aos once metros foi Fydriszewski. que non perdonou e puxo o 0-2 no marcador.

Na segunda parte o Lugo seguía moi equilibrado e apenas sufría. Todo ata que, paradoxos da vida, repetiuse o penalti da primeira metade. Pero esta vez os protagonistas cambiaron papeis: Campabadal derrubaba a Anxo e Arcediano Monescillo sinalaba o punto fatídico. Míchel, do mesmo xeito que Fydriszewski, non tremeu á hora de executar a pena máxima. O Valladolid acurtaba distancias, ía con todo a por o empate. E conseguiuno, outra vez desde os 11 metros. Luís Ruiz e Kiko Oliva pelexaban, cando o defensa blanquivioleta acabou de súbito no chan. O colexiado interpretou pena máxima e Mata non perdoou. A continuación vivíronse os momentos máis ásperos do partido, cos xogadores encarados mercé á tensión dos minutos finais. Viron amarela Josete, Juan Carlos e Albarracín, por parte do Lugo, e Ían Salvador por parte valisoletana. Aínda quedaba outra mala noticia: Arcediano Monescillo expulsou a Francisco por interpretar que as palmas do técnico albivermello para animar aos seus, ían dirixidas de forma irónica cara a el por descontar cinco minutos. E así acabou un partido no que o Lugo acariñou o liderado, pero que ao final tivo que conformarse cun empate.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com