200 corredores percorrerán 12 concellos lucenses na Volta Ciclista ás Comarcas

A IV Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo, Desafío Volta Lugo 2018, comezará mañá, venres, coa participación de 200 corredores chegados de todo o territorio nacional e do norte de Portugal, que percorrerán 12 concellos da provincia de Lugo ao longo da fin de semana. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento deportivo, organizado polo Club Cidade de Lugo, cunha achega de 65.000 euros, sendo xunto cos Concellos da Fonsagrada, A Pontenova e Lugo, as únicas administracións que colaboran.

Trátase da única volta cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia e unha das poucas de toda a Península Ibérica. A cita desenvolverase durante a fin de semana en tres etapas, que pasarán por doce municipios da provincia: Lugo, Castro de Rei, A Pastoriza, Riotorto, Lourenzá, A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, O Cádavo, Castroverde e Pol, reunindo a xente de toda Galicia, así como doutras comunidades como Valencia, Estremadura, Asturias, Castela e León, e de Portugal.

Aos 200 participantes hai que engadir os acompañantes e afeccionados á bicicleta que durante tres días se darán cita na nosa provincia, enchendo os hoteis e locais de restauración dos concellos polos que transcorre o percorrido, e deixando uns beneficios próximos aos 100.000 mil euros.

A novidade máis importante deste DVL2018 é a participación dun ciclista de luxo como é Joseba Beloki, ex ciclista profesional que destacou como gran escalador e contrarreloxista de alto nivel especializado en grandes voltas por etapas, destacando entre eles os seus 3 podios no Tour de Francia (2º en 2002 e 3º en 2000 e 2001).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com