300 artesáns amosan ao vivo a arte do encaixe en Lugo

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre, participaron este sábado na primeira xuntanza de palilleiras que acolle a cidade de Lugo. A xornada, que tivo lugar na Praza Horta do Seminario, reuniu a 300 palilleiras de Galicia, Asturias e Castela e León que amosaron a arte do encaixe a todos o asistentes. É unha das actividades, totalmente gratuítas, do PalillAD, o programa co que o Goberno da Deputación, coa colaboración do Concello de Lugo, pon en valor o labor das palilleiras e contribúe á dinamización social e económica da provincia.

Nesta primeira xuntanza participaron artesáns de Lugo, Ourense, A Coruña, Oviedo e León que palillaron agrupadas por colectivos intercambiando os seus coñecementos e mostrando o seu traballo. O encontro contou cun mercado de materiais para o encaixe grazas á colaboración da Asociación Agulla Máxica de Lugo. Ademais, nos establecemos hostaleiros da zona ofrecéronse menús con prezos especiais grazas á colaboración da Asociación Provincial de Hostaleiros.

Máis actividades

A programación do PalillAD inclúe unha exposición na Capela de Santa María ata o 25 de xullo que amosa como se mestura o arte de palillar coa moda e a decoración. A mostra conta con 19 pezas, como traxes de cerimonia ou lámpadas, todas elas elaboradas por profesionais galegos, que incorporaron aos seus traballos o encaixe de palilleiras de Lugo e A Coruña. O horario é de luns a venres, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com