A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentar‡ a temporada de outono dos Trens tur’sticos de Galicia e far‡ balance da campa–a estival. Estar‡ acompa–ada do xerente da çrea comercial e o Servizo de atenci—n ao cliente de Renfe, Javier D’az Trisac, e do presidente do Instituto Ourens‡n de Desenvolvemento Econ—mico (Inorde), Rosendo Fern‡ndez.

73.000 turistas elixiron Lugo como destino das vacacións en Xullo

Nos sete primeiros meses do ano a provincia de Lugo recibiu preto de 350.000 viaxeiros que fixeron máis de 630.000 noites nos establecementos que conforman a oferta turística regrada da Comunidade. Deles, máis de 73.000 viaxaron en xullo, sumando máis de 140.000 noites nese mes.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, deu a coñecer estes datos e subliñou “o contexto de consolidación turística no que nos atopamos”, como constata o feito de que a estadía media medrase un 12% só no mes de xullo e un 10% nos sete primeiros meses do ano.

O sector que está a ser máis beneficiado por afluencia de viaxeiros e o incremento do número de noites que pasan na provincia é o hoteleiro, que medrou máis dun 5% na súa demanda nos sete primeiros meses do ano e que presenta o nivel de ocupación máis elevado, cun incremento de máis dun punto con respecto a 2017.

A provincia conta, ademais, con algúns dos destinos que máis intensamente están a medrar durante este ano 2018. É o caso da Mariña lucense que no primeiro semestre deste ano foi o segundo destino galego que máis medrou (un 9,5%) só por detrás de Ferrolterra (cun 11%).

O delegado incidiu no esforzo para desestacionalizar o turismo poñendo en valor os recursos máis destacados de cada época do ano, e lembrou que xa está promovendo diferentes produtos da tempada de outono, como os Outonos gastronómicos.

Igualmente, nas vindeiras semanas terán continuidade os Trens Turísticos de Galicia, que prevén máis de 20 saídas e novas rutas no outono tras acadar un 94% de ocupación no verán. Na provincia de Lugo a Xunta ofrece propostas como o tren Lugo Romano (na capital), a Ruta dos Faros (na Mariña) ou a Ruta dos Viños da Ribeira Sacra.

José Manuel Balseiro destacou os bos datos rexistrados no que vai de ano, “mesmo no inicio do verán, cando o sector soubo manterse pese a que a climatoloxía non foi a mellor”. Nun contexto de moderación a nivel nacional, explicou, Galicia rexistrou nos sete primeiros meses 2,4 millóns de viaxeiros que realizaron 5,1 millóns de noites.

Os viaxeiros deciden permanecer máis tempo durante a súa viaxe, cunha suba da estadía media, acompañada dun incremento das tarifas hoteleiras. Nese contexto de melloría, o sector hoteleiro de Galicia tivo uns ingresos de 145 millóns de euros entre xaneiro e xullo, contribuíndo ao emprego e ao desenvolvemento económico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com