73-71 O Breogán en semifinais tras a vitoria ante o Palma

O conxunto celeste superou ao balear nun quinto encontro moi  igualado (73-71)

O equipo lucense fixo un gran traballo, sabendo sufrir en momentos duros do encontro que, como un calco do resto da serie, pareceu deseñado so para os máis preparados en batallas ao límite.

Tensión ata o final nun Pazo que luciu como nas grandes ocasións para apoiar ao seu equipo. Pagou a pena e, cun final de infarto, a balanza da serie caeu do lado galego. Thomas Bropleh pechou unha actuación estelar con 23 puntos e 7 rebotes (28 de valoración). Destacaron tamén os 13 puntos de Gilling e o traballo defensivo de todo o equipo.

Toca xa pensar na semifinal e nas citas do venres e domingo tamén no Pazo ante San Pablo Burgos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com