79-88 O Breogán perde na prórroga

O conxunto celeste perdeu esta tarde no Pazo o segundo partido das semifinais dos play off de ascenso á liga ACB. O Burgos, moi superior durante todo o encontro tivo vantaxes de ata 15 puntos nos dous primeiros cuartos. De volta do descanso, os de Lezcano foron metendose no partido e cun gran último cuarto, forzaron a prórroga, grazas a un triple de Franch.

Pero a falta de acerto e varios erros dos celestes deu a vitoria ao Burgos que puxo 0-2 a eliminatoria e que obriga ao Breogán a remontar, una remontada moi difícil, pero non imposible. O Burgos agarda ao Breogán o vindeiro venres.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo