8.798 estudantes benefícianse dos máis de 16M€ que a Xunta inviste no transporte

A Xunta de Galicia destina cada ano preto de 16 millóns de euros para o sostemento do transporte escolar do que se benefician este curso 8.798 estudantes de provincia de Lugo. Trátase dun servizo público gratuíto, sufragado directamente pola Administración autonómica e, polo tanto, sen custe para os estudantes de ensinanzas obrigatorias que se desprazan nas ao redor de 700 rutas diarias.

Así o explicou, esta mañá, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen acompañou a un grupo de escolares das Nogais durante o traxecto que os achega ao colexio de educación infantil e primaria da localidade. Balseiro xunto ao alcalde da localidade, Jose Manuel Núñez, tivo a oportunidade de conversar tanto cos rapaces como cos coidadores e comprobaron, subidos ao bus escolar, o bo funcionamento deste servizo.

Na provincia de Lugo están en marcha 355 contratos de transporte escolar con rutas diversas sempre adaptadas aos horarios de entrada e saída dos centros educativos e con especial consideración para garantir a mobilidade dos residentes nas zonas rurais.

“O seu obxectivo prioritario é que os rapaces cheguen ao colexio e regresen ás súas casas no horario previsto. Pero tamén, co transporte escolar, o Goberno galego busca proporcionar un servizo complementario ao estritamente educativo, que supón un aforro para moitas familias e sirve como ferramenta para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral”-dixo Balseiro.

O delegado territorial puxo en valor outras vantaxes para estudantes, entre as que destaca a adquisición de hábitos de responsabilidade e puntualidade, maior confianza e respecto á figura do coidador e unha maior socialización. Tamén para as nais e pais o transporte escolar ofrece vantaxes, como por exemplo, reduce a conxestión do tráfico ao redor das escolas, ofrece un mellor control do tempo e un aforro de combustible.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com