A Alcaldesa preséntalle á veciñanza de San Roque novas melloras de accesibilidade

A Alcaldesa de Lugo presentoulle hoxe á veciñanza de San Roque as novas melloras de accesibilidade que executará o Goberno na contorna. En concreto, a rexedora, quen subliñou”non entender outro xeito de xestionar e de facer cidade que non sexa coa nosa xente e a través dos barrios”, anunciou unha inversión de 35.000 euros para mellor as proximidades do centro de saúde, que empregan a diario 300 persoas. Substituiranse as baldosas actuais por unhas de maior adherencia, colocaranse varandas galvanizadas en cor azul en oito tramos na rúa Ramón Montenegro, Carril do Xuízo e rúa Pena Anda e pintaranse dous novos pasos de péons, no cruce entre as dúas últimas rúas. A maiores, tamén se repasará a sinalización horizontal da zona.

Con esta acción, que ten como prazo de execución 6 meses, “continuamos traballando nun modelo de cidade accesible, na que se favorece e facilita a mobilidade dos nosos veciños”. Nesta liña lembrou tamén a construcción dun ascensor público en Fontiñas, cuxa obra atópase actualmente adxudicada de xeito provisional na proposta da Mesa de contratación celebrada o 14 de xuño, cun orzamento de 181.000 euros, pendente da documentación pertinente por parte da empresa adxudicataria. Unha vez recibida adxudicarase definitivamente en Xunta de Goberno.

No relacionado con accesibilidade, o equipo de goberno tamén actuará na rúa do Outono, na beirarrúa emprazada no lado sur desta vía, saldando, ao igual que coa actuación anterior, outra demanda veciñal. Esta actuación contempla cambiar as baldosas por unhas de máis adherencia, dispoñer varandas en catro tramos e colocar unha rampa con varanda na parte da escaleira. O presuposto é de 6.500 euros e o prazo de execución, catro semanas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com