A asociación Contracorrente e o Foro pola Memoria conmemoran a II República

Este sábado 14 de abril, Día da República, o patio interior do Vello Cárcere acollerá a partir das 12:00 horas o acto conmemorativo da proclamación da II República baixo o título “A República das Mulleres”, organizado pola Asociación Cultural Contracorrente e o Foro pola Memoria. A escritora lucense e profesora de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela, Carmen Blanco, falará sobre o importante papel que xogaron as mulleres republicanas e os avances cara a igualdade de xénero que se conseguiron en España durante o período republicano.

Ademais de pola súa obra poética e narrativa, Blanco destaca polos seus diversos ensaios relacionados co feminismo e a memoria das mulleres, como Mulleres e independencia, O contradiscurso das mulleres ou Feministas e libertarias.

A II República foi vangarda en toda Europa en dereitos sociais, e a participación das mulleres na vida política e cultural tivo moito que ver neses logros, aínda que este é un aspecto da historia da República ao que non se lle concede toda a relevancia que merece. Por iso estas asociacións culturais queren contribuir con este evento a saldar esta débeda histórica coas mulleres republicanas.   

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo