A Deputación destina 3 millóns de euros para mellorar vías en 11 concellos

O Executivo Pronvincial aprobou hoxe en Xunta de Goberno destinar 3 millóns de euros á mellora de 57 quilómetros de 28 estradas provinciais, que discorren por 11 Concellos da provincia. Así o avanzou o voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, quen subliñou que se trata “dun novo investimento, que se enmarca dentro da aposta deste Goberno Provincial pola necesaria mellora das infraestruturas no rural lugués”.

Santos Ramos apuntou que “destes 3 millóns de euros, achegamos 2,6 millóns ao inicio da contratación de melloras en 46 quilómetros de 23 estradas polos Concellos de Abadín, Folgoso do Courel, Baleira, Muras, Sober, Portomarín, Xermade e Samos. Trátase da licitación destas obras cuxa investimento final dependerá das ofertas que se presenten e das adxudicacións resultantes”.

O deputado engadiu que “outros 400.000 euros son os que achegamos ás melloras xa contratadas en case 11 quilómetros doutras 5 estradas provinciais que discorren polos municipios de Paradela, Castro de Rei e Cospeito”.

A Xunta de Goberno tamén aprobou o plan de seguridade e saúde no traballo, un documento imprescindible para poder iniciar os traballos en estradas provinciais no Concello de Antas de Ulla.

Finalmente, acordouse destinar outros 21.000 euros de remanentes do Plan Único para máis obras nos Concellos de Muras e Chantada, onde houbo baixa nas contratacións de obras a cargo desta programación. Santos Ramos explicou que “en Muras destinamos 6.000 euros para melloras de eficiencia enerxética co cambio de farois por leds nos núcleos de O Pereiro, Rebordelos, O Curro, Santar de Abaixo, A Cabana e O Coto. E en Chantada investimos 15.000 euros para mellorar o pavimento interior do Polideportivo Municipal e para realizar unha rampa de acceso para minusválidos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com