A formación, peza clave para impulsar o emprendemento en Lugo

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, salientou hoxe en Lugo a importancia da formación como peza clave para impulsar o emprendemento e a innovación no sector comercial.

Vázquez Abeal entregou os diplomas do curso desenvolto pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración coa Fundación Incyde no Centro de Formación Ocupacional que permitiu formarse en márketing dixital e emprendemento a 19 mozos e mozas menores de 30 anos en situación de desemprego.

Ao abeiro desta iniciativa, dirixida a persoas inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil, desenvólvense actuacións de formación individualizada nas que se orienta a cada participante en función do seu perfil profesional e da actividade de cada proxecto empresarial, ademais das sesións conxuntas de formación. Varios dos participantes emprenderán a curto prazo proxectos empresariais nos que aplicarán os coñecementos adquiridos, en ámbitos como o inmobiliario, os seguros, o deseño gráfico ou a producion audiovisual.

A iniciativa forma parte dos acordos de colaboración en materia de formación no eido comercial nos que a Xunta coopera coa Fundación Incyde, que contan cun orzamento conxunto de 300.000 euros e que inclúen tamén accións destinadas á creación e diagnose de plans de acción para a mellora da competitividade do sector.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com