A Garda Civil detectou 62 condutores que circulaban baixo os efectos do alcol e drogas no Arde Lucus

A Garda Civil de Tráfico estableceu durante a pasada fin de semana, e con motivo do Arde Lucus, ata 79 puntos de verificación de alcol e drogas nas estradas provinciais nos que participaron un total de 158 axentes.

Nos controis se realizaron 4680 probas de alcol e drogas. Destas últimas, 25 persoas deron positivo e do total de condutores sometidos ás probas de alcol 37 arroxaron un resultado superior ao permitido pola lexislación, pasando cinco deles a disposición xudicial como presuntos autores de delitos contra a seguridade viaria e outros trinta e dous foron propostos para sanción ante a Xefatura Provincial de Tráfico.

Nos puntos de vixianxia da  velocidade, controlouse a un total de 1883 vehículos, detectando 67 excesos de velocidade sobre a marcada polos límites da vía.

Dispositivo para Lume Novo

Durante a madrugada e a mañá do día de “San Xoan” o Subsector de Tráfico de Lugo levará a cabo unha intensificación dos servizos con motivo desta festividade. Concretamente, se intensificarán tanto a verificación da velocidade como do consumo de alcol e drogas durante a condución.

Para iso redobraranse os servizos e despregaranse, nun operativo especial, todos os medios, tanto humanos como materiais, dispoñibles. Estes servizos terán como obxectivo aquelas zonas nas cales esta festividade ten unha especial relevancia, así como os traslados a localidades de provincias limítrofes que se poidan efectuar con motivo desta festa. Todo iso para garantir unha celebración segura e sen incidencias para todos aqueles condutores que circulen nesas datas polas estradas da provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com