A Garda Civil investiga na provincia un presunto criadeiro clandestino de réptiles que deu como resltadoa localización, na tarde de onte, nunha vivenda unifamiliar de Outeiro de rei, un total de 23 serpes da especie pitón real, ubicaadas en varios terrarios acondicionados para albergalas no interior dun cobertizo anexo á vivenda principal.
Os axentes deron conta á xefatura territorial de medio ambiente por presuntas infraccións á lei de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia.
Roubo con forza nas cousas
Noutro senso, axentes da Garda Civil detiveron onte ao fío das 23.15 horas, no termo municipal de Sarria, a tres veciños de Ourense, con iniciais I.B.R.de 32 anos, A.S.B., de 32 anos e N.S.B.de 25 anos de idade como presuntos autores dun delito de roubo con forza nas cousas. Os autores se atopaban, supostamente, no interior dun establecemento hostaleiro sen autorización do propietario e foron detidos ao abandonar o edificio.
Os detidos foron postos a disposición xudicial.