«A Idade do Ferro» chega aLugo con Afundación e o Museo do Pobo Galego

Afundación, a Obra Social de ABANCA, en colaboración co Museo do Pobo Galego, inaugura en Lugo a exposición fotográfica A Idade do Ferro, obra do fotoxornalista José M. Salgado. A mostra poderase visitar ata o 14 de xullo, de luns a sábado en horario de 18:00 a 21:00 h.

Esta exposición é o froito do traballo de tres anos do fotoxornalista José M. Salgado dentro da área xeográfica do val do río Eo, tanto na súa vertente lucense como asturiana, en busca dos últimos ferreiros das comarcas da Fonsagrada, Terra de Miranda, Oscos e Taramundi. Este ensaio fotográfico leva o espectador a coñecer intimamente as xentes do ferro, os maiores, xa retirados en moitos casos, os traballadores en activo e as novas incorporacións (nalgún caso, como nos Oscos, de xentes foráneas) que dan alento a unha profesión milenaria. Tamén se deixa entrever claramente a influencia dos ferrones vascos e navarros, que emigraron, ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII desde Euskadi e Navarra a Asturias e Galicia e foron os responsables de boa parte das ferrerías hidráulicas galegas e asturianas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com