A lucense María Xesús Lama, Premio Nacional de Ensaio 2018

O Ministerio de Cultura e Deporte, vén de propoñer a María Xesús Lama para ser galardoada co Premio Nacional de Ensaio 2018 pola súa obra Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863). Un galardón dotado con 20.000 euros.

O xurado, reunido hoxe, elixiu esta obra por “contribuir a revisar unha imaxe tópica de Rosalía de Castro, anclada nunha visión romántica e chorosa, amosando a unha escritora lúcida, independente e defensora da liberdade, a igualdade e a xusticia social”.

Biografía
María Xesús Lama (Lugo, 1964).  Estudiou Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse na Universidade de Barcelona en 2002 cun traballo sobre a apropiación de temas das lendas celtas e de temas propios da Bretaña pola literatura galega contemporánea. É profesora titular de Literatura Galega na Universidade de Barcelona.

Autora das obras O celtismo e a materia de Bretaña en la literatura gallega: hacia la construcción de un contradiscurso histórico de ficción en la obra de Xosé Luís Méndez Ferrí y Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)’.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo