A Masa Crítica celebra o seu décimo aniversario

A Masa Crítica de Lugo, movemento en prol da mobilidade ciclista, vén de cumprir dez anos. Por iso, a organización promove para mañá, 9 de xuño, unha masa crítica masiva pola cidade de Lugo con saída da Praza Maior ás 12.00 horas. A organización convida a todas as familias a participar desta ruta que rematará cun xantar comunitario (no que cada participante levará algo de comida para compartir), e que dará comezo ás 14.00 horas nas costas do Parque de Rosalía, tendo a opción de sitio cuberto en caso de choiva.

Masa Crítica de Lugo celebrará o seu décimo aniversario con música ao vivo polo que animan aos participantes a levar instrumentos musicais.

Masa Crítica é un paseo colectivo e lúdico en bicicleta pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico, saudábel e divertido, facendo da cidade un espazo máis humano, sen ruídos nin contaminación. En Lugo, todos os últimos xoves de mes con saída ás 20:15hs diante da Casa do Concell

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo