A peonalización da Milagrosa como conexión social da veciñanza

O Goberno de Lugo quere recuperar a esencia dunha cidade, definida, principalmente, pola existencia de espazos públicos para o seu uso público. Con este obxecto se desprazou este xoves a Alcaldesa de Lugo á Milagrosa, onde presentou o proxecto de peonalización “da praza máis emblemática deste barrio”, unha medida para “humanizar” Lugo.

Na presentación, a rexedora, quen estivo acompañada do Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e o Enxeñeiro Municipal, Pablo Fuentes, explicou que se peonalizará o tramo da rúa Milagrosa, entre a rúa Doutor Yáñez Rebolo e Curros Enríquez, dando continuidade á Praza da Milagrosa e á rúa Divina Pastora, cuxa peonalización permitiu xa no seu día dinamizar esta zona. Para elo, a Alcaldesa indicou que é precisa a reurbanziación total do espazo, dado a disparidade de pavimentos existentes e a distintos niveis, calzada e beirarrúa, con diversas pendentes; para facelo continuo e permitir ademais a correcta evacuación das augas.

O proxecto contempla ademais dar solución aos distintos elementos de mobiliario da praza, como o quiosco, xogos e bancos. A peonalización deste tramo de rúa supón unha reorganización do tráfico rodado, definindo entre outros, o recorrido do autobús urbano e a ubicación da parada, no que se está traballando dende a Comisión de Tráfico.

A Praza da Milagrosa pavimentarase cun material urbano ecolóxico fabricado con elementos de reciclaxe, unha premisa enmarcada dentro do compromiso do Goberno cun desenvolvemento respectuoso co medio ambiente. Un dos obxectivos que o Concello baralla con este proxecto é manter o arboredo actual e os espazos de descanso, á sombra, de hoxe en día. Para elo, crearase unha zona axardinada no lado este, dotada de céspede e rego automático, conservando as árbores existentes e dispoñendo o mobiliario na súa contorna.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo