A Pontenova acolle a milleiros de persoas na VII edición da súa proba automobilística

O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, deu hoxe o bandeirazo de saída á VII Subida á Pontenova, proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña e na que participaron máis de 40 pilotos. A proba conta co principal apoio do Executivo Provincial, cunha achega económica de 7.000 euros dentro da súa aposta por promover o turismo e dinamizar o municipio mariñán. Pola súa parte, o Concello da vila destina outros 4.000 euros a esta cita, unha das máis consolidadas do calendario. O evento reuniu a milleiros de afeccionados, chegados de toda a xeografía galega e das localidades veciñas de Asturias e Castela e León, entre os que se atopan grandes nomes como piloto asturiano, José Antonio López-Fombona.

Campos Conde subliñou “que con esta proba reforzamos a nosa decidida aposta polo deporte do motor como atractivo turístico que impulsa e dinamiza a economía, así como a vida das vilas lucenses. Por este motivo, dende o Goberno da Deputación mantemos un firme compromiso co automobilismo e, proba disto, é o noso apoio incondicional ás probas que se organizan por excelencia en toda a provincia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com