A rúa Manuel Murguía, máis accesible coas obras de mellora

O Concello de Lugo vén de iniciar a mellora da accesibilidade da rúa Manuel Murguía, unhas tarefas que consisten no cambio de pavimento no tramo de vial entre as intereccións coa rúa Salmón e coa rúa Río Eo.

Tal e como lle avanzara a Alcaldesa aos propios veciños e veciñas de Paradai, estas actuacións están enmarcadas no Plan de Barrios, e completan as obras que xa acometera o Goberno nesta mesma rúa, concretamente entre Río Sil e a rúa Salmón, cunha inversión de 8.500 euros co obxecto de facilitar a mobilidade, grazas ao cambio de baldosas e a colocación de varandas.

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, explicou, durante a supervisión das obras, que se levantará as baldosas existentes e cambiaranse por outras con máis granallado. Tras estas melloras, acometeranse outras na rúa Monte Faro, na esquina con Padre Gómez, que consistirán en picar o formigón existentes para poñer baldosas. Teñen un orzamento conxunto de 4.300 euros. Estas actuacións son un exemplo de demandas que recolle o Goberno de maneira continua, e que teñen como finalidade garantir ás distintas zonas da cidade as mellores condicións, contando con espazos cada vez máis accesibles e cómodos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo