A Sociedade Micolóxica Lucus organiza a XVII Exposición de Cogomelos no Colexio Rosalía de Castro

A Sociedade Micolóxica Lucus organiza, para o vindeiro domingo 11 de novembro, a XVII Exposición de Cogomelos, no CEIP Rosalía de Castro, en horarios de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 horas. Dada a rapidez con que se estragan os cogomelos, a sociedade asegura que a maioría recolleranse o sábado, no concello de Lugo e limítrofes, para que o domingo se atopen en bo estado e se observen ben todos os seus caracteres o que contribúe a facilitar a súa identificación.

Desde a organización responderase ás dúbidas respecto á identificación, comestibilidade, e outras de carácter micolóxico. Para facilitar a observación a Sociedade Micolóxica presentarán algunhas novidades no formato e decoración que farán mais amena e atractiva a exposición.

Á entrada da Exposición, como en anteriores edicións entregarán aos visitantes un díptico para comprender de forma sinxela o marco no que se desenvolve a exposición e recolle ademais unha serie de consellos para correcta recollida de cogomelos e algunha norma para a súa correcta identificación.

Ademais, haberá paralelamente exposicións de fotografía micolóxica, de carteis de hábitats micolóxicos, de traballos infantís sobre o mundo dos cogomelos, así como unha presentación cíclica con información micolóxica e unha zona de obradoiro de micoloxía para nenos.

A entrada para esta xornada é libre e gratuita.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo