A Teleasistencia e o SAF axudan xa a 53 maiores de Riotorto

Un total de 53 maiores de Riotorto gozan xa de atención profesional mediante a Teleasistencia e o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que ofrece a Deputación, cun investimento de 24.000 euros.

Son un total de 49 os veciños do Concello que o fan a través Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e outras 4 mediante a teleasistencia, prestación pública totalmente gratuíta e dirixida a todas as persoas ou maiores que sofren algún tipo de limitación en canto á súa autonomía. Cómpre lembrar que co SAF, o Goberno da Deputación sufraga, nos 66 Concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Lugo, os gastos de persoal do servizo a domicilio, como acompañamento a citas médicas, entre outras cuestións, que redunden na mellora da atención profesional aos usuarios/as deste servizo.

A Deputada de Benestar Social e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, destacou que “unha das prioridades do Goberno da Deputación é o coidado e atención profesional dos nosos maiores, coa posta en marcha de programacións que buscan garantir o benestar e mellorar a súa calidade de vida, especialmente no ámbito rural. Así, ademais do SAF tamén financiamos o servizo de Teleasistencia, totalmente gratuíto e operativo 24 horas, do que se están a beneficiar 4 maiores no Concello de Riotorto”.

López Izquierdo lembrou que este ano o Goberno da Deputación inviste 1,8 millóns de euros para financiar unhas 200.000 horas de atención profesional aos maiores da provincia co Servizo de Axuda no Fogar. Mentres que para o servizo de Teleasistencia gratuíta, o Executivo leva destinado no 2018, 115.400 euros que permiten atender a máis de 1.500 maiores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com