A TIC da Deputación achega as novas tecnoloxías aos maiores da Fonsagrada

A Fundación TIC da Deputación está a impartir esta semana na Fonsagrada un dos 12 cursos cos que achega, neste segundo trimestre de 2018, as novas tecnoloxías aos maiores do rural. O Alcalde e Vicepresidente provincial, Argelio Fernández Queipo, mantivo hoxes un encontro cos 20 participantes na actividade sobre manexo e uso de móbil. Este é o terceiro curso que ofrece a TIC neste Concello.

Fernández Queipo remarcou “o éxito que están a ter estes cursos formativos, tal e como constatamos nos que xa levamos impartidos en Navia de Suarna, Foz e Xermade e Ribeira de Piquín. E aquí na Fonsagrada a TIC terá que voltar a realizar máis talleres para dar resposta á demanda existente. Isto demostra o interese que hai por parte dos maiores sobre a utilidade das novas tecnoloxías como ferramenta para mellorar a súa calidade de vida”.

O Vicepresidente dixo que “desde o Goberno da Deputación traballamos polo noso rural e promovemos iniciativas que melloran a calidade de vida dos nosos veciños co obxectivo, entre outros, de facer fronte ao despoboamento. Neste punto, as novas tecnoloxías representan un papel moi importante, polo que seguiremos promovendo o seu uso entre os nosos maiores para facilitar o seu día a día e o contacto cos seus familiares e amigos”.

As próximas citas dos cursos da TIC de novas tecnoloxías impartiranse nas localidades de Monforte de Lemos, Alfoz e Ribadeo. Este segundo trimestre de 2018, a TIC ofrece 1.085 prazas nos 81 cursos que imparte, tanto na sede da entidade como na provincia. Esta cifra supón un incremento do 60% con respecto á tempada anterior. O obxectivo é dar resposta á alta demanda que hai destas actividades, tal e como queda reflectido cada vez que se abre a inscrición e quedan cubertas todas as prazas ás poucas horas .

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com