A Xunta cede ao concello de Riotorto 27 predios da parcelaria da Órrea-Galegos

A Xunta a traveso da Consellería do Medio Rural, vén de aprobar a cesión ao Concello de Riotorto dun total de 27 predios correspondentes a terras sobrantes da zona de reestruturación parcelaria da Órrea-Galegos.

Case a metade destes terreos –14 en total– serán utilizados como depósitos de madeira. O resto teñen diferentes fins e usos sociais e culturais, que van desde a utilización como campo da festa ou aparcadoiro ata depósitos de plásticos, para unha escola en Galegos ou para contorno das fontes públicas.

A decisión de ceder estas parcelas adoptouse a proposta da Xunta Local da zona e tendo en conta a normativa ao respecto, en particular o establecido pola Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia (Metaga), contemplándose que os destinos para os cales se solicitan estes predios encaixan perfectamente cos supostos recollidos na lexislación. Os terreos cedidos causan baixa no fondo de terras da zona.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo