A Xunta financia melloras en carreiros rurais na comunidade de montes de Vallo

A Xunta subvenciona con 11.500 euros un proxecto de mellora de carreiros rurais en terreos pertencentes á comunidade de montes veciñais en man común de Vallo, no concello de Navia de Suarna.

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda financia esta iniciativa promovida pola comunidade de montes a través da orde de axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos medioambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000. Con este proxecto preténdese mellorar un carreiro para facilitar o acceso da veciñanza e de visitantes a varias zonas do monte con valor ecolóxico e paisaxístico, así como favorecer o paso a parcelas particulares.

Balseiro apuntou que o departamento de Medio Ambiente financia integramente o custo da actuación, a excepción do IVE. Os proxectos, tal e como se prevé na convocatoria, execútanse en dúas anualidades: 2018 e 2019.

Estas axudas son cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo