A Xunta financiará os gastos correntes das agrupacións de voluntarios de protección civil de Lugo

Xunta de Galicia distribúe 60.700 euros entre 33 agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia de Lugo, en base ao programa de axudas destinadas para este fin en concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que con estas achegas, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza colabora economicamente coas Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil nos gastos de natureza corrente, o que posibilitará o funcionamento destas entidades dentro dos seus concellos e a colaboración nos plans e programas de protección civil da Xunta de Galicia.

Estas axudas súmanse á recente convocatoria para dotar de material ás AVPC que, cunha inversión de máis de 800.000 euros, posibilitará a adquisición de 15 vehículos pick-up todoterreos e de 20 remolques dotados con material para atención ás emerxencias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo