Aberto o Mercado de Nadal da Deputación con 12 postos de artesanía

A Deputación inaugurou esta tarde o Mercado de Nadal, que organiza o Goberno Provincial na Praza de San Marcos para promover a artesanía e fomentar o comercio local. Son 12 os profesionais do sector que participan nesta nova edición, que inclúe a celebración de ducias de actividades gratuítas como demostracións en vivo de oficios tradicionais, obradoiros para nenos, actuacións das corais da provincia e de maxia.

O presidente do Executivo, Darío Campos Conde avanzou que “este é un dos mercados máis representativos da cidade e que, ano a ano, medra. De feito, nesta ocasión contamos cun total de 12 artesáns da provincia que venderán os seus produtos nesta praza durante os vindeiros 15 días. Trátase dun lugar perfecto para que os veciños e veciñas fagan as súas compras de Nadal e coas que ademais de fomentar as compras de cercanía e dinamizar a economía destes profesionais, poñemos en valor o sector da artesanía na nosa provincia”.

Na apertura deste Mercado de Nadal da Deputación actuaron os artistas Iria Estevez e Gonzo Piña do grupo Chave de Fado. Estará aberto ata o 5 de xaneiro. Pechará o 25 de decembro e 1 de xaneiro. Os postos abrirán de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. O 24 e 31 de decembro abrirán de 11:00 a 14:00 horas, e o horario de tarde será de 16:00 a 18:30 horas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com