Aberto o prazo de solicitude para as fogueiras do Lume Novo

O Concello de Lugo informa de que o prazo de solicitude para a celebración de fogueiras en San Xoán estará aberto ata o día 23 deste mes, segundo o bando que vén de ser publicado, no que se recollen as normas ás que se teñen que axustar as fogueiras de San Xoán. No mesmo prohíbese a queima de rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, fedorentos ou tóxicos. Tamén queda prohibido o lanzamento de foguetes.

As fogueiras non poderán facerse en lugares próximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou de xardíns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo. Tampouco se poderán facer dentro do recinto do casco histórico.

O responsable ou responsables, e os organizadores de cada fogueira están obrigados a retirar do lugar de celebración todos os restos que queden unha vez rematada a queima.

En caso de incumprimento do indicado ou de queixas fundamentadas dos veciños, procederase polo Servizo de Extinción de Incendios, e a requirimento da Policía Local, a extinguir de inmediato a fogueira.

As solicitudes están a disposición dos interesados nas dependencias da Policía Local e o prazo para presentalas pecharase ás 13:00 horas do 23 de xuño.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com