Aberto o prazo para anotarse nas distintas excursións de verán do Concello

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, anunciou este martes, no Salón de Plenos, a apertura do prazo para anotarse en distintas excursións, previstas dentro da programación de animación sociocultural de verán, que organiza o Concello, co obxectivo de ofrecer alternativas lúdicas aos veciños e veciñas.

A entidade local ten preparadas 4 saídas a Cariño, Ourense, Ferrol e San Cibrao, con paradas en Vilalba, Monforte, As Pontes e Mondoñedo, respectivamente; os días 13 e 27 de xullo e o 3 e o 17 de agosto. As persoas interesadas poden inscribise entre o 27 e o 30 de xuño no centro de convivencia Maruja Mallo, en horario de 10:00 a 13:00 horas. A saída para estas viaxes será ás 09:00 horas dende a Praza de Bretaña, e o regreso ás 21:00 horas a este mesmo punto. O prezo a aboar é de 4,12 euros.

Actividades deportivas

Ademais, a edil lembrou que o Concello ofrece actividades deportivas ao aire libre nos meses de xullo e agosto, das 11:00 ás 12:00 horas. Trátase de ioga, que terá lugar os xoves na praza de Augas Férreas e os mércores no Parque de Rosalía de Castro, e de zumba, os martes e luns nestes mesmos emprazamentos. Son actividades gratuítas para as que non é necesaria inscrición previa.

Horarios de verán

Ana González Abelleira tamén informou do horario de verán dos centros de convivencia municipais, que estará vixente do 1 de xullo ao 15 de setembro. No horario de luns a venres os centros ,  manteñen o seu horario habitual.

Excepcións: o local social Díaz Castro permanecerá aberto de luns a venres en horario de 17:00 ás 20:00 horas.

Horario da fin de semana : os centros de convivencia os sábados pola mañá pechan.

No Centro de Convivencia da Milagrosa abre a cafetería; sábados, domingos e festivos pola tarde abren no seu horario habitual.

Os centros Díaz Castro e Sagrado Corazón pechan as fins de semana e festivos dende o día 1 de xullo e ata o 15 de setembro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com