Aberto o prazo para participar nos Premios ‘Xermade na historia’

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde e o Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, presentaron hoxe no Pazo de San Marcos a V Edición do Premio Xermade. O Executivo Provincial é a única administración que colabora neste evento achegando 3.000 euros. Trátanse duns premios organizados polo Concello de Xermade, a Asociación de Veciños de Cabreiros e a Facultade de Ciencias da Educación da USC, financiado pola Deputación.

Esta actividade ten a finalidade de promover e poñer en valor as tradicións, festas, ritos, arte popular, lendas, memoria histórica, costumes, literatura oral, arquitectura, e todo aquilo que conforma a historia do municipio xermadés. O prazo para presentar os traballos está aberto ata o 15 de febreiro do 2019. Os interesados en participar poden atopar máis información en www.xermade.org.

Vidal Baamonde avanzou que “dende o Executivo Provincial apoiamos estas iniciativas que impulsan e promoven o coñecemento e o estudo sobre a historia dos nosos Concellos, no que é moi importante a posta en valor do patrimonio etnográfico e cultural do municipio. Ademais temos o orgullo de haber podido presentar un libro moi importante Xermade na historia onde figuran as catro edicións anteriores. Polo tanto, non só se presentan senón que quedará na posterioridade para que a xente poida desfrutar dese traballo de investigación”.

O Alcalde de Xermade agradeceu a colaboración e convidou a todos os lucenses a participar e presentar os seus traballos para esta quinta edición. Roberto García destacou que “estes premios son moi importante para un concello como o de Xermade que ten moita historia, moito patrimonio artístico e etnográfico. Ademais de que será un homenaxe para aqueles que fixeron esas obras de arte no municipio”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com