Aberto o prazo para inscribirse no concurso de escaparates de Nadal

O Concello de Lugo colabora coa Federación de Comercio de Lugo para pór en marcha o concurso de escaparates de Nadal 2017/2018. Trátase unha iniciativa que ten por obxectivo promover a creatividade dos empresarios e  empresarias do sector do comercio de proximidade do municipio, de forma que os establecementos sexan máis atractivos e fomenten o espírito de compras nunha época tan importante para as vendas como é o Nadal.

Todos os establecementos interesados en participar neste certame poden solicitar as bases e formalizar a súa inscrición a través do teléfono do Servizo de Información Municipal 010, ou do teléfono da Federación de Comercio, 982-25- 51-20, así como no correo electrónico nadalmercaegana@comerciogalicia.es. A inscrición é gratuíta e o prazo está aberto ata o venres, 22 de decembro, ás 15:00 horas.

O xurado estará formado por tres profesionais, así como dous representantes da Federación de Comercio de Lugo e dous do Concello. Escollerán aos tres establecementos gañadores do concurso, que recollerán o seu premio no transcurso dun acto que se celebrará a finais de xaneiro de 2018.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com