Accidente na A-8 á altura de o Fiouco

O tráfico viuse interrompido na A-8, á altura do Alto do Fiouco, a causa dun espectacular accidente no que se viron implicados un camión e unha caravana. A consecuencia do sinistro tres persoas resultaron feridas, dúas  con feridas leves que foron trasladadas ao Hospital de Burela e a terceira vítima grave e foi trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

O 112 Galicia recibiu o aviso pasadas as doce deste mediodía a través das chamadas de varios condutores que pedían asistencia médica para os posibles feridos. Así, informouse aos servizos sanitarios de urxencias e aos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendio e Salvamento de Vilalba, que descartaron intervir en canto comprobaron que os feridos estaban liberados e accesibles.

Con todo, o impacto, que se produciu no punto quilométrico 543 en sentido A Coruña, obrigou a cortar a circulación en ambos os dous sentidos e habilitáronse desvíos provisionais ata ás 14:30 horas, momento en que quedaron restablecidas as condicións de seguridade na autovía.

Para atender aos afectados, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Vilalba e persoal de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento para a retirada dos restos provocados polos accidente e o restablecemento da seguridade na autovía. Os equipos de emerxencias continúan traballando no lugar do accidente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com