ACE-EU pide que se convoque en setembro a mesa para reformar o regulamento orgánico do pleno

Alternativa Cidadá de Esquerdas solicita que o goberno convoque en setembro a mesa para reformar o Regulamento Orgánico Municipal(ROMP), como mostra de vontade de diálogo e de cambio de actitude trala reprobación da alcaldesa Lara Méndez no último pleno ordinario, motivada polo déficit democrático que levou á parálise institucional ao concello. en setembro cumprirase un ano dende que fora aprobada polo pleno a reforma do ROMP. “despois de ter sido reprobada polo incumprimento inxustificado dos mandatos plenarios que corresponden a competencias directas do pleno, entre outras eivas democráticas, agardamos que Lara Méndez amose algún xesto de achegamento á oposición. Ademais, é unha obriga legal da alcaldesa respectar as competencias directas do pleno e convocar esa mesa”, sinala Carlos Portomeñe, voceiro de ace-eu.

unha das deficiencias do actual regulamento que ace-eu considera imprescindible corrixir é “a falta de ecuanimidade entre os prazos de presentación de propostas esixidos ao goberno e os requiridos aos grupos da oposición. os grupos municipais deben rexistrar cunha antelación mínima de seis días hábiles as proposicións plenarias ou preguntas nas comisións, mentres que ao goberno non se lle esixen prazos concretos para entregar as propostas de alcaldía ou mesmo o borrador dos orzamentos, o documento máis complexo e crucial para o funcionamento da administración municipal”.

“o mínimo que se lle debe esixir a un regulamento municipal que se pretenda democrático é que trate con ecuanimidade a tarefa de goberno e a de oposición, para o que é condición imprescindible establecer prazos proporcionados que permitan a ambas partes a correcta análise documental e a preparación das iniciativas”, indica o concelleiro. “como evidenciou o bloqueo do goberno local á presentación de emendas as modificacións de crédito orzamentario, é necesaria unha actualización da normativa do concello de Lugo que garanta os dereitos democráticos da oposición”, conclúe.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com