Adxudicadas as obras de mellora do firme entre Oural (Sarria) e O Incio, na LU-642

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar á empresa Ovisa as obras de mellora na estrada autonómica LU-642, que une a localidade de Oural en Sarria e o municipio do Incio. A administración autonómica prevé iniciar estes traballos no mes de xullo, unha vez se completen os trámites administrativos previos.

As actuacións programadas teñen por obxecto mellorar a seguridade viaria e as condicións de circulación do tráfico rodado en 8,3 Km desta vía.

A Xunta procederá á reparación, regularización e selado do firme existente (que na actualidade é de macádam con dobre rega) e, extensión posterior dunha nova capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente.

Ademais están previstas as correspondentes tarefas de renovación e reposición da sinalización horizontal e vertical, novo balizamento e defensas, así como a construción de gabias practicables en varios puntos.

Deste xeito a Xunta completa a mellora integral desta estrada pola que transitan habitualmente os veciños de Sarria e do Incio, como vía de comunicación interior.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com