ETIQUETADA PARA REUTILIZACIÓN COMERCIAL

Afundación celebra o Día Internacional dos Museos con propostas para toda a familia

O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos, este ano encabezado polo lema Museos e historias controvertidas: dicir o indicible nos museos, e Afundación súmase a esta conmemoración cun completo programa de actividades. Esta programación, que se desenvolverá mañá sábado 20 de maio, inclúe actividades gratuítas, ampliación de horarios de visita ás salas expositivas, actividades familiares e visitas comentadas para adultos en varios dos espazos da entidade.

Na Sede Afundación de Lugo, terá lugar a exposición ‘O artista e a cidade. Visións e realidades‘ que inclúe unha visita infantil e familiar ás 18.00 horas para a cal existe un límite de prazas polo que é precisa a inscrición previa no enderezo electrónico areaeducativa@afundacion.org.

.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo