Afundación fai un obradoiro de confección de compadres e comadres en Monforte

Afundación, a Obra Social de ABANCA, organizará no seu Espazo +60 de Monforte de Lemos, na rúa Cardeal Rodrigo de Castro, un obradoiro de confección de compadres e comadres para celebrar o Entroido. Realizarase os luns, mércores e venres desde o 15 de xaneiro ata o 7 de febreiro, en horario de 17.00 a 19.30 horas, de forma gratuíta.

Os compadres realizados exporanse na rúa, diante do Espazo +60 da vila, o xoves 1 de febreiro, e as comadres, o xoves 8 de febreiro. O obxectivo deste obradoiro é contribuír a que esta tradición propia do sur da provincia de Lugo non desapareza e para a súa elaboración o grupo utilizará materiais como cartóns, palla, pintura ou roupa usada.

Esta actividade enmárcase no programa O valor da experiencia da Área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como obxectivo potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade e o desenvolvemento de actividades interxeracionais e de voluntariado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo