ETIQUETADA PARA REUTILIZACIÓN COMERCIAL

Afundación presenta o ciclo de cinema infantil ‘A porta laranxa’

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta o ciclo de cinema A porta laranxa cunha programación conformada por recoñecidas películas orientadas ao público infantil. La vida de Calabacín, El malvado zorro feroz e Del revés son os filmes escollidos para formar parte do cartel deste ciclo que se poderá ver nas sedes
de Afundación das cidades de Ferrol, Lugo e Ourense entre o 27 de outubro e o 1 de decembro.

Lugo acollerá os filmes os días 10, 17 e 24 de novembro, todos ás 18 horas na Sede de Afundación.

As películas

La vida de Calabacín (Claude Barras, 2016) narra a historia de Calabacín, un afouto neno que despois de perder á súa nai ten que entrar nun fogar de acollida con outros nenos orfos. Ao principio terase que esforzar para atopar o seu lugar, pero con axuda dos seus novos amigos, aprenderá a confiar e atopará o verdadeiro amor xunto a unha nova familia. En Lugo, se verá o 24 de novembro ás 18.00 horas.

Del revés (Pete Docter, Ronnie del Carmen, 2015). Riley é unha nena que goza ou sofre toda clase de emocións. Aínda que a súa vida estivo marcada pola felicidade, non entende moi ben por que tamén sente tristeza. Varios acontecementos fan que eses dous sentimentos se mesturen nunha perigosa aventura. Poderase ver o 17 de novembro, ás 18.00 h.

El malvado zorro feroz (Benjamin Renner, Patrick Imbert, 2017). Todo aquel que considere que a campiña é un lugar tranquilo e anódino, engánase. Alí habitan animais moi particulares: un raposo que se cre un polo, un coello que fai de cegoña e un parrulo que quere ocupar o sitio de Papá Noel. Proxectarase o 10 de novembro, ás 18.00 h, na Sede
Afundación de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com