Afundación presenta unha serie de obradoiros de artesanía tradicional en Lugo

Afundación pon en marcha un programa de obradoiros de artesanía na súa sede de Lugo (praza Maior, 16) como complemento á exposición fotográfica Oficios entre lusco e fusco, de Xosé Abad, exposta actualmente nese espazo. Este programa ten como obxectivo dar a coñecer os oficios tradicionais galegos e  inclúe un obradoiro de olaría e torno cerámico e outro de cestaría.

O encargado de abrir a programación será o de olaría e impartirase o vindeiro sábado 28 de outubro entre as 17.00 e as 20.00 h. Estará dirixido por Pepa Lombao, unha artesá natural de Bonxe que conta cunha larga tradición oleira, tanto pola súa familia como pola súa localidade natal. Actualmente, Pepa Lombao é a última representante da Olaría de Bonxe, e leva toda a vida dedicada a difundir este patrimonio con demostracións e obradoiros, así como colaboracións con centros docentes, polo que conta cunha importante experiencia como formadora. Este obradoiro volverase a impartir o sábado 25 de novembro no mesmo horario.

Os obradoiros están dirixidos a todo tipo de público, tanto familiar como infantil e adulto. Non é precisa inscrición previa, e a entrada e saída será libre, permanecendo na actividade o tempo que cada asistentes considere conveniente dentro do horario previsto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com