Agadic volver marxinar á Semana de Cine de Lugo

A organización de Festival de Cine de Lugo, ven de emitir un comunicado onde “agradecen a Cultura a axuda á Semana de cine de Ourense”

Non, non foi unha equivocación dos organizadores cando o luns na inauguración no Auditorio Gustavo Freire, a edición XXXIX da Semana Internacional de Cine de Autor, daban as grazas polas axudas que Agadic lle da a Ourense e lle nega a Lugo porque  “reclamaban algo xusto, que a Xunta non seguira a discriminar ao festival da cidade das murallas”.

Na Semana de Cine, en sete sedes (Deputación, Universidade, Biblioteca Provincial, Vello Carcere, Museo da Historia lucense, Museo Provincial e Auditorio Gustavo Freire), proxéctanse preto dun cento de longametraxes e curtametraxes dentro dos ciclos: Semana oficial, Infantil, O mellor do ano, Cine galego, E para comer…Lugo, Ciclo cárceres, e As curtas tamén son cine. E faise unha homenaxe a Victoriano López García, mindoniense que recibiu un Goya en 1990, Goya de Honor, por toda unha vida dedicada ao cine.

Como queira que o pasado agosto Agadic (Consellería de Cultura) anunciou a concesión de 35.000€ para a Semana de Cine de Ourense, os responsables da Semana de Lugo dirixíronse ao organismo autonómico solicitando para o festival máis antigo de Galicia equiparación na axuda, xa que a que ven recibindo non chega á décima parte da anunciada para Ourense.

Como ven sendo costume este organismo non respondeu ás comunicacións remitidas, no acto inaugural da Semana lucense, ao Presidente de Fonmiñá, Xulio Xiz, onde agradeceu á Deputación Provincial, Concello de Lugo e Universidade o seu apoio, e á Consellería de Cultura o apoio que presta á Semana de Cine… de Ourense.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com