Agro do Granxeiro será acondicionado en resposta ás peticións veciñais

As obras de acondicionamento de Agro do Granxeiro comezaron esta mañá en resposta ás peticións veciñais. A actuación, levada a cabo polo Concello de Lugo, consiste no movemento de terras e no posterior asfaltado da vía, facilitando deste xeito o acceso ás vivendas.

O Concello responde ao compromiso que tiña cos veciños e veciñas da zona, situada entre As Gándaras e o Sagrado Corazón, e dá cumprimento a un acordo plenario aprobado por unanimidade da Corporación.

As tarefas para o acondicionamento da vía deron inicio esta semana e contan cun período de execución aproximado de 15 días. Os traballos son acometidos con medios propios do Concello, tanto materiais como humanos.

Este tipo de actuacións enmárcanse dentro do compromiso de humanizar, dentro do posible, todas as zonas da cidade, e de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas coa dotación e mellora de servizos e infraestruturas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo