A alcaldesa de Viveiro, “tranquila” ante o seu xuízo por prevaricación urbanística

Con tranquilidade e confianza. Así afrontaba hoxe a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o xuízo que hoxe comezaba na Audiencia Provincial de Lugo contra ela e a actual tenente de alcalde do concello, Isabel Rodríguez, por cometer presuntamente un delito de prevaricación urbanística cando formaban parte do Goberno municipal que encabezaba o finado Melchor Roel.

Tanto Loureiro como Rodríguez enfróntanse a unha pena de quince meses de prisión e oito de inhabilitación para exercer calquera cargo público por outorgar supostamente entre os anos 2006 e 2008 unha ducia de licenzas urbanísticas acolléndose ao método do silenzo administrativo. Tamén están acusados todos os edís de PSE e BNG que daquela conformaban a Xunta de Goberno do concello de Viveiro.

Á súa entrada esta mañá á audiencia Provincial Loureiro dicía estar “tranquila”, defendeu a legalidade das súas actuacións e sinalou quenin ela nin os seus compañeiros cometeron irregularidade algunha,

María Loureiro solicitaba esta mesma semana a baixa no Partido Socialista en cumprimento co código ético da formación, que marca que todos os militantes teñen que solicitar a baixa no momento no que se lles abra xuizo oral. Loureiro tamén deixaba a semana pasada a súa acta como deputada provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo