A alcaldesa presenta o borrador dunha nova Ordenanza de Seguridade Cidadá

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto co Inspector Xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro, presentaron hoxe na Comisaría un borrador previo para a nova Ordenanza de Seguridade Cidadá que o executivo local quere establecer para o municipio.

Lara Méndez asegurou que este documento, no que poderá intervir a veciñanza, dende o anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP), tratará de abordar certos comportamentos, que resaltou, “son individualizados, pero non respetan unha convivencia cívica”. Nesta liña, a Alcaldesa referiuse a “problemas moi comúns en todas as cidades, de moi difícil solución por parte das entidades locais, que ven como a lei se converte nunha especie de tela de araña por onde se escapan os pequenos actos punibles, pero que son grandes en canto a molestos para o resto da veciñanza”.

Aínda que só se trata dun borrador, tanto a rexedora como o Inspector Piñeiro, deixaron constancia de que intentarán abordar distintas problemáticas das que recibiron reiteradas queixas veciñais, como os gorrillas do Hula, pelexas e venta ambulante encuberta, entre outros. O Inspector Xefe da Policía Local, explicou que esta ordenanza intentará regular unha serie de cuestións ás que non chega a nova Lei de Seguridade Cidadá a nivel nacional.

Así mesmo, Jesús Piñeiro avanzou que neste borrador de ordenanza se recuperan unha serie de conductas infractoras que esta nova lei de seguridade non contempla, como poden ser os desordes leves na vía pública e a alteración de convivencia en domicilios particulares. Tamén se recollen actuacións como pelexas e outros comportamentos que non amparan outras ordenanzas nacionais, como a venda ambulante encuberta. As sancións a ditas condutas, neste primeiro borrador, están tipificadas en leves, ata 750 euros; graves, de 751 a 1.500 euros, e as moi graves, de 1.501 a 3.000 euros.

Esta proposta de ordenanza será publicada, na menor brevidade posible, no BOP, tras unha xuntanza “fructífera” no día de hoxe da Alcaldesa cos inspectores da Policía Local, para que calquera persoa poida opinar respecto dos aspectos a regular en dita ordenanza.

Unha vez pasado este período, convocarase a Mesa de Traballo de Ordenanzas para que todos os grupos políticos municipais poidan facer as súas aprtacións. Logo de consensuar un texto, tanto coas achegas da cidadanía como dos grupos, a ordenanza aprobarase en Xunta de Goberno e logo elevarase a Pleno para súa aprobación, co obxectivo de que entre en vigor no vindeiro ano 2018.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com