Álvaro Santos Ramos cualifica a remodelación da Deputación de “exemplar” para o socialismo en Lugo

Álvaro Santos Ramos cualificou o día de onte como “exemplar para o socialialismo na provincia Lugo e en xeral, dada a remodelación da Deputación Provincial“. E afirmou que “apoia as decisións tomadas polo presidente da Deputación xa que se fixeron, co gallo de desenvolver un proxecto positivo para o conxunto da cidadanía”; e que esta decisión “rematará unha etapa de controversia tanto no partido, como na Deputación”.

Santos Ramos, lembrou como en 2015 os veciños de Lugo decidiron que non houbera unha forza política que tivese a maioría suficiente como para desenvolver á integridade do seu programa, e asegurou que, desde esas eleccións, “o PSOE está a confluir forzas para levar a cabo un proxecto progresista e de impulso, dunha provincia que necesita, un pulo para situarse á vangarda do século XXI”.

O voceiro da Deputación, declarou que o anuncio dado onte polo Presidente da Deputación, Darío Campos, xerou controversias e diferentes opinións dentro e fora do seo do PSOE pero, recalcou, que ao seu respecto non houbo ningún sacrificio ao deixar o posto senón que se tratou dunha cuestión de disciplina socialista.

Santos Ramos asegurou que a decisión da volta de Manolo Martínez á Vicepresidencia da Deputación, foi unha decisión consensuada polo partido e que non foi a escondidas del, ” xa en outubro foi informado por Darío Campos da decisión de estabilizar o goberno da Deputación”, afirmou.

O actual voceiro da deputación matizou que o PSOE seguirá traballando para mellorar a calidade de vida dos lucenses, e que ese “é o obxectivo primordial do partido socialista”. E afirmou que, nesta última lexislatura, están consolidando a imaxe da provincia comprometida con cada unha das parroquias da provincia.

“A Deputación seguirá traballando para dar respostas aos alcaldes e atención aos veciños por encima das cores políticas”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com