Ameijide: “o PSOE confírmase como un goberno de vagos”

O Partido Popular deu a coñecer hoxe, trala celebración da comisión de seguimento dos acordos plenarios, varios datos que confirman que o goberno socialista “cada vez pinta menos e que cada vez está máis desinflado e desanimado”. Deste xeito valoraba o voceiro do PP a situación que atravesa o equipo de goberno “que non aguanta o ritmo e que cada vez ten menos iniciativa renunciando a liderar o futuro do Concello de Lugo”. O primeiro dato é relativo a presentación de iniciativas ao longo deste mandato, das 309 proposicións rexistradas o PSOE só presentou  30 o que supón un 9% do total e o que o coloca como o grupo con menos número de iniciativas e con menos actividade nos plenos.

En contraposición, o PP rexistrou 85 iniciativas que representan o 30% do total o que avala “que é o grupo político máis activo que marca o ritmo dos plenos, sesión tras sesión”. Para Ameijide esta actitude dos socialistas reflicte unha tónica de apatía que cada vez vai a máis “de feito levan sete plenos sen defender nin unha soa proposición cando deberían ser, por estar en minoría, o grupo máis traballador”.

Outro aspecto que criticou o voceiro popular foi o relativo ao bloqueo, por parte do PSOE, das iniciativas plenarias primeiro, polo seu voto en contra en ata 65 iniciativas “un bloqueo que non vale para nada porque o 93% delas se aproban polo resto das forzas políticas o que evidencia a soidade e nulo peso dos socialistas e, en segundo lugar, polo baixo cumprimento destes acordos, tal e como se constatou hoxe na comisión de seguimento de acordos plenarios”.

Ameijide tamén reflexionou sobre a acción do Grupo Popular que é o que lidera o traballo nos plenos con maior número de iniciativas “das 85
conseguimos o respaldo en 80 delas” e recriminando o pasotismo do goberno socialista que incumpre o 92,5% dos acordos acadados a iniciativa do PP. “Este desprezo é un ninguneo aos veciños que son os que sufren a parálise deste goberno desnortado e abatido”.

Autobuses urbanos

O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, informou hoxe sobre a resposta dada pola alcaldesa en relación ás iniciativas nacionalistas aprobadas para que se crease unha mesa de traballo sobre o servizo de bus urbano e que non se vai convocarArroxo lembrou que se aprobou unha iniciativa no Pleno de setembro de 2017 na que se instaba ao goberno a convocar en menos de 15 días naturais unha xuntanza cos grupos da oposición para tratar a situación na que quedarán as novas liñas de autobuses. 

“Vemos como a empresa adxudicataria non renovou as liñas, segue facturando voltas ás rotondas e o PSOE parece estar cómodo con esta situación por que non fan nada para que mellore o servizo e se xestione doutra maneira” dixo Rubén Arroxo. A alcaldesa afirmou hoxe, en comisión, que non vai contar cos grupos da oposición e fixo patente a súa falta de interese para mellorar o servizo de buses. O Voceiro do BNG-AA sinalou que a empresa presentou un plan de transporte en xullo de 2017 e a día de hoxe seguimos coas mesmas liñas e servizo de sempre por que o goberno non da os pasos necesarios para que o servizo mellore.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com