Antonio Ameijide Antonio Ameijide

Ameijide presenta as propostas do seu partido para o seu primeiro pleno como voceiro dos populares

O Grupo Municipal Popular solicitará no vindeiro pleno que o goberno local elabore un Plan Global para mellorar o deseño e as condicións de drenaxe así como o mantemento dos sumidoiros da cidade. O voceiro dos populares, Antonio Ameijide, suxire traballar en tres direccións: a primeira analizar se é necesario modificar deseños nas rúas onde son frecuentes as inundacións; en segundo lugar, estudar a implantación de medidas de drenaxe, máis eficaces, das augas pluviais e, por último, realizar un mantemento periódico, máis exhaustivo, dos sumidoiros.

O popular salientou que para evitar que se tupan os sumidoiros habería que facer unha revisión dos puntos máis conflictivos cando hai previsión de treboadas ou das trombas de auga explicou o voceiro popular. O Grupo Municipal elaborou un mapa provisional deste puntos negros onde se acumulan grandes bolsas de auga como son: Fontiñas, Duquesa de Lugo (á altura do MIHL); enlace Alfonso X con N-VI; Fermín Rivera (altura da capela), Avenida da Coruña ou nas Areeiras e algunha zona de Camiño Real. “Tendo en conta que podemos consultar a previsión do tempo hai que establecer unha rutina para que os sumidoiros destas localizacións estén perfectamente limpos durante todo o ano” indicou Ameijide.

Para o PP outra acción importante de cara ao vindeiro curso escolar é crear unha liña específica de Becas Comedor mentres non se implantan as tarifas progresivas en función das rendas das familias.

A última das mocións que levan a pleno ten que ver coa riqueza e a posta en valor do patrimonio natural que hai no municipio. Dende o Grupo Popular suxiren actualizar a guía que se fixo no Plan Director do Parque Rosalía de Castro co obxecto de que se identifiquen as árbores máis singulares deste espazo verde de Lugo con placas con códigos QR.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com