A APEHL impartirá inglés básico para o turismo nos concellos de Foz e Sarria

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL) impartirá a vindeira semana, en colaboración co Clúster de Turismo de Galicia, dúas accións formativas de inglés básico orientado ao sector turístico nos concellos de Foz e de Sarria.

En ambas localidades, os talleres comezarán o vindeiro luns 16 de outubro. O curso en Foz terá lugar ata o día 26 e celebrarase no restaurante Xoyma con 4 sesións semanais de luns a xoves en horario de 17:00 a 18:30 horas. Pola contra, en Sarria, as clases impartiranse ata o 25 de outubro no hotel Alfonso IX, de luns a mércores de 17:00 a 19:00 horas.

Ademais de aprender a desenvolverse en inglés en diferentes situacións propias da hostalería, todos os asistentes poderán incorporarse á guía Galicia Friendly (English spoken) que terá difusión tanto en medios locais e provinciais como en redes sociais. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo